Inicio

Quen somos

Esta asociación está formada por un grupo de persoas interesadas pola cerámica popular galega. Entre as nosas pretensións está realizar actividades de todo tipo encamiñadas ao seu estudo, coñecemento, divulgación e conservación para o cal procuraremos unha liña de traballo multidisciplinar que contemple diferentes perspectivas:

  • histórico-arqueolóxicas
  • etnográficas e antropolóxicas
  • educativas e pedagóxicas
  • museolóxicas

Deste modo colaboraremos coas persoas, entidades e institucións na organización de actividades acordadas e traballaremos na defensa do patrimonio en xeral e da cerámica tradicional galega en particular.

Estatutos

Inscripción

Poden ser socios aquelas persoas ou institucións que o soliciten e sexan admitidas pola Xunta directiva. As cotas anuais establecidas son de 30 euros para os socios individuais maiores de idade, 60 para os socios institucionais e gratis para os menores de idade.