17 Xornadas sobre cerámica tradicional en Morillo de Tou (Huesca)

Os días 1, 2 e 3 de outubro celebráronse as 17 xornadas sobre cerámica tradicional en Morillo de Tou (Huesca).

A asociación Canaveira, ademais de  organizar unha exposición con pezas de Bonxe, Gundivós, Mondoñedo e Samos, impartiu unha charla sobre  «Formas tradicionales de la cerámica popular gallega (Lugo)». Na charla participaron Hixinio Flores, Gerardo Caldas e Manuel Fernández.  

O arqueólogo Óscar Lantes impartiu outra charla sobre «Estudios de cerámica desde la arqueometría y la arqueología: jarras de Augas Santas, Anforetas de Indias y alfarería tradicional de Bonxe».

«Aragón olla cara a olería da provincia de Lugo » – La Voz de Galicia 

«Formas tradicionales da cerámica popular galega (Lugo)»